A campaña escolar online de de divulgación e sensibilización dos recursos do mar “Mares de Cultura: Os Nenos e o Mar 2020”, ten como principal obxectivo a realización dunha serie de actividades e dinámicas dixitais orientadas a estudantes de primaria e secundaria. Esta plataforma online pretende dar a coñecer o entorno litoral de A Mariña-Ortegal, descubrir os recursos naturais e as problemáticas do medio ambiente mariño, tamén poñer en valor as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal e a cultura mariñeira. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

 

A plataforma de contidos é unha ferramenta interactiva online de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dunha serie de materiais dixitais con vídeos, debuxos e fotografías, adatada á situación actual e fomentando o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

 

Escolle o teu nivel para acceder:

printer_footer