Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 13)

Especies clave e desequilibrios nos ecosistemas mariños

Tódalas interaccións que vimos anteriormente axudan a manter o equilibro no ecosistema mariño. Este equilibrio é necesario para manter un medio mariño saudable. Nalgunhas ocasións o impacto das interaccións antrópicas afecta moi negativamente a especies clave alterando os ecosistemas.

Image
O pinto, a especie clave
Algunhas especies teñen unha función vital no ecosistema ao controlar as poboación doutras especies mediante interaccións con elas. O pinto aliméntase de ourizos, controlando así o crecemento da súa poboación.
Ecosistema en equilibrio
As interaccións entre as especies axudan a manter o equilibrio no ecosistema mariño e a súa gran biodiversidade.
Alteración do medio mariño
Cando un factor de orixe humano como a contaminación ou a sobrepesca inflúe no ecosistema, este pode verse afectado negativamente.
Perda de biodiversidade
O desequilibrio causado pola ausencia de peixes produce un crecemento descontrolado do número de ourizos. A cantidade excesiva de equinodermos devora as algas, que terminan por desaparecer.
printer_footer