Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 11)
A arte da camuflaxe
Observa a imaxe detidamente, qué ves?
Aprecias algo que chame a túa atención?
O escarapote é un peixe dos fondos de A Mariña-Ortegal que domina a arte da camuflaxe. A súa cor pode variar para mimetizarse co fondo ata case desaparecer.
Isto supón dúas vantaxes importantes:
- Aliméntase de pequenos peixes esperando inmóbil no fondo a que pasen ao seu carón.
- Pasa desapercibido para depredadores de maior tamaño que poderían comelo.
Mimetizarse co fondo que te rodea é unha estratexia moi exitosa no medio mariño. Moitas especies teñen cores adaptadas ao entorno para ver sen ser vistos.
Espiñas velenosas
As espiñas da aleta dorsal do escarapote teñen un veleno moi potente. É un mecanismo de defensa moi efectivo fronte aos depredadores.
As espiñas da aleta dorsal do escarapote teñen un veleno moi potente. É un mecanismo de defensa moi efectivo fronte aos depredadores.
Xogando ao agocho
O escarapote está tan seguro do seu camuflaxe que permanece practicamente inmóbil a maior parte do tempo.
O escarapote está tan seguro do seu camuflaxe que permanece practicamente inmóbil a maior parte do tempo.