Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 8)
Recursos mariños
Os recursos mariños son tódolos bens ou riquezas que se extraen do mar para o beneficio da sociedade, como por exemplo peixes, algas, petróleo e minerais entre outros. Estes recursos son limitados, polo que a súa sobreexplotación para o noso beneficio, e as formas de extracción non respectuosas co medio son a razón de que as poboacións naturais sexan reducidas drasticamente e incluso se esgoten e desaparezcan.
O océano parece invulnerable porque é basto e pouco explorado. Durante séculos considerouse como fonte ilimitada de recursos, hoxe sabemos que non é certo. Os recursos son limitados e o esgotamento destes máis alá de neveis sostibles é irreversible. Necesitamos polo tanto unha explotación sostible dos recursos mariños.
A pesca sostible significa deixar suficientes peixes no mar, respectar os hábitats para garantir a supervivencia das especies e reducir o impacto nos ecosistemas, mantendo así o modo de vida das persoas e os oficios do mar.
É necesario aplicar estratexias de protección e conservación para garantir o futuro sostible dos ecosistemas mariños.
Por qué se están a esgotar os recursos mariños? e qué facemos para conseguir unha pesca sostible? entender estas cuestións é a clave para a conservación dos recursos mariños.