Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 8)

Alteración do hábitat

A construción de infraestruturas de orixen antrópico como portos, diques ou edificios costeiros é un tipo de contaminación física permanente. Impactos que conlevan a modificación da paisaxe ou á destrución de hábitats.

A maior densidade poboacional do mundo habita na costa. O gradual aumento de poboación fai necesario construir novas infraestruturas: portos, estradas, edificios, diques, etc. Para protexer o hábitat e os mares, toda modificación que se leva a cabo na costa ten que ter un estudo de impacto ambiental. Así como cumprir as leis que protexen o medio mariño para o ben de todos.

Un estudo de impacto ambiental analiza como afecta a construción dunha infraestructura ao medio mariño. Documenta as especies que habitan na zona, os impactos e se o beneficio social é maior que os danos que poida causar.

Image
Diques
Os diques afectan as correntes e ao fluxo da auga. Pode ocasionar unha variación nos intercambios de auga dos ecosistemas, afectando así a diferentes especies que habitan no entorno.
Portos
O porto é a zona de abrigo que posibilita as actividades marítimas como a pesca, o transporte de mercancias ou industrias.
printer_footer