Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 9)

Contaminación biolóxica

Hoxe en día, a contaminación biolóxica é un dos principais problemas da biodiversidade a nivel mundial.  Esta débese á presenza de especies invasoras.

As especies invasoras son aquelas que causan danos nun ecosistema ao que non pertencen de forma natural. Estas caracterízanse por ser moi agresivas e resistentes. Teñen unha gran capacidade de adaptación.

As embarcacións son as principais transportadoras de fauna e flora exótica nos ecosistemas mariños. Unha vía de entrada é a auga de lastre que levan os grandes buques cargueiros para a súa estabilidade na navegación. Outra son as incrustacións adheridas aos cascos dos barcos.

O cambio climático favorece a proliferación de especies invasoras. As especies tropicais encontran entornos óptimos en latitudes máis altas. Por exemplo, unha especie orixinaria de Australia,  está a sobrevivir na costa de A Mariña-Ortegal.

Image
Asparagopsis armata
É unha alga vermella orixinaria de Australia. Na actualidade é unha especie invasora nas costas de Galicia, Asturias, Euskadi e no Mediterráneo.
Competición polos recursos
As especies invasoras colonizan espazos desprazando ás especies propias da zona.
printer_footer