Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 11)

Conservación

O mar é fundamental para o funcionamento do planeta. Para manter o equilibrio debemos conservar a rica biodiversidade da costa de A Mariña-Ortegal e os seus ecosistemas. Reducindo a contaminación e os impactos ambientais nos mares protexemos os recursos mariños e polo tanto os oficios e as xentes do mar.

As Reservas ou Áreas Mariñas Protexidas son unha ferramenta de proteción moi útil para a conservación dos océanos. Son esenciais para coidar a fauna e a flora amenazadas, evitar a sobrepesca e controlar a contaminación entre outros obxetivos.

Nunha Área Mariña Protexida unha especie pode crecer e reproducirse sen perigo. O tamaño dos individuos aumenta e a sua poboación tamén. Algúns destes animais saen da zona protexida e pasan a ser un recurso dispoñible para a súa pesca.

Image
Redución da actividade antrópica
Nas Áreas Mariñas Protexidas restrínxese ou limítase a actividade humana para protexer os recursos mariños e garantir a súa conservación.
Proteción global
Hoxe en día menos do 3% dos océanos e mares do mundo está protexido. O obxetivo a nivel mundial é conseguir un 30% de proteción para o ano 2030.
O efecto reserva
Peixes nacidos na reserva supoñen un recurso sostible para os pescadores que faenan nas zonas cercanas.
printer_footer