Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 13)
A educación como base do cambio
Coñecer o que nos rodea é imprescindible para darnos de conta da importancia que ten o medio mariño nas nosas vidas. Só sendo conscientes das ameazas poderemos implicarnos na súa proteción. Conservar os mares é imprescindible para a vida de tódolos organismos que habitamos no planeta.
Ser parte de proxectos de educación ambiental e de divulgación científica como “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” impulsadas polo GALP A Mariña-Ortegal nas escolas da comarca é fundamental para coñecer e respectar os mares.
“Só conservaremos o que amamos, amamos só o que entendemos, e entendemos só o que aprendemos”.
Gran traballo
Grazas a túa implicación neste proxecto farás da costa de A Mariña-Ortegal un lugar mellor.
Grazas a túa implicación neste proxecto farás da costa de A Mariña-Ortegal un lugar mellor.