Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 11)
Peixe Roda
(Mola mola)
Lonxitude: ata máis de 3m.
É o peixe óseo máis pesado do mundo, xa que pode chegar a pesar máis de 2 toneladas. Aínda que no mar Cantábrico son de menor tamaño.
Aliméntase principalmente de medusas e salpas.
Pode observarse na costa de A Mariña-Ortegal durante os meses de verán descansando preto da superficie. Investigacións recentes indican que os individuos adultos pasan a maior parte da súa vida en profundidades maiores de 200m.
Trátase dunha especie ameazada, por iso na Unión Europea non está permitida a súa comercialización. Aínda así, a miúdo aparece como captura accidental en redes de pesca.
Pel grosa e sen escamas
Que é semellante ao papel de lixa. De tonalidade gris prateada e ventre branco.
Que é semellante ao papel de lixa. De tonalidade gris prateada e ventre branco.
Carece de vexiga natatoria
Usan a súas grandes aletas para impulsarse.
Usan a súas grandes aletas para impulsarse.