Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 4)

Ourizo de mar

(Paracentrotus lividus)

Dimensións: caparazón de ata 70cm de diámetro.

Os ourizos teñen un corpo esférico moi resistente cuberto de pugas.  Pode variar de cores: parda, púrpura e verde en diferentes tonalidades claras e escuras. É habitual ver os ourizos con anacos de cunchas e algas por enriba camuflados no ambiente. Cando son pequenos forman grupos chamados ouriceiras e ocúltanse en ocos nas rochas. O ir aumentando de tamaño, van raspando a rocha agrandando os ocos.

Son herbívoros ainda que algunhas veces aliméntanse tamén de pequenos animais mortos dos fondos.

Image
Pugas e pés
Os ourizos teñen o caparazón cuberto de pugas que é o seu mecanismo de defensa. Os pés son pequenos tentáculos con unha ventosa que usan para pegarse ao fondo e moverse.
Lanterna de Aristóteles
Os ourizos teñen unha boca moi especial que se chama lanterna de Aristóteles. Unha pirámide de 5 dentes moi fortes. Está situada na parte de abaixo do animal, en contacto coa rocha, para poder raspar as algas e alimentarse.
printer_footer