Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 6)

Os polbos nadan e respiran grazas ao sifón. Estrutura branda con forma de tubo situada baixo a cabeza.

Xunto ao sifón, teñen unha abertura ao exterior pola que entra a auga. A auga que entra pola abertura é expulsada ao exterior a través do sifón con presión para o seu desprazamento.

A súa vez, esa auga mariña que entra pola abertura ten osíxeno, que pasa ás branquias. Así os polbos obteñen o osíxeno necesario para respirar.

Teñen unha gran capacidade de adaptarse a diferentes ambientes e non desaproveitan as ocasións para cazar calquer tipo de presa.

Image
O sifón
Expulsan auga a propulsión polo sifón e así se desprazan.
Vida curta
Aproximadamente viven dous anos.
printer_footer