Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 15)
Mascato
(Morus bassanus)
Ave mariña de gran tamaño, unha das maiores das nosas costas. Corpo alongado e esvelto. Aliméntase sobre todo de peixes de mediano tamaño que captura ao lanzarse en picado dende unha altura de 10-40m totalmente vertical.
Os adultos son de cor branco coa punta das ás negras, e presentan cor mostaza na cabeza e no pescozo. Os xuvenís son de cor pardo con manchas máis claras.
Migración
Os mascatos crían no norte de Europa, e dende agosto a novembro sobrevoan as nosas costas cara o continente africano. Son por tanto grandes migradores, que despois de pasar o inverno en África voltan para o norte nos meses de febreiro a abril.