Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 5)

Polbo

(Octopus vulgaris)

Dimensións: corpo de ata 1m

O seu corpo é brando e flexible. Trátase dun dos animais mariños máis intelixentes. É capaz de cambiar de apariencia facilmente, tanto en cor como en rugososidade. Un exemplo único de mimetismo no mar, que é a capacidade de camuflarse nun ambiente. Para pasar desapercibido ou para atacar a algunha presa.

A maioría dos moluscos teñen unha cuncha visible, como o caramuxo. Pero no caso dos polbos, a cuncha está moi reducida e oculta no interior da cabeza.

Image
Brazos
Teñen 8 brazos, con dúas ringleiras de ventosas en cada brazo. Ventosas coa función do tacto, para poder identificar seu entorno. Un dos brazos está adaptado para a reproducción, para introducir os espermatozoides na cavidade da femia.
printer_footer