Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño

Image
Depredación
Teñen tentáculos urticantes cós que paralizan as súas presas.
Cnidarios
As anémonas son cnidarios moi habituais na costa de A Mariña-Ortegal.

Das charcas aos océanos

Nos océanos viven multitude de animais moi diversos, dende a xigante balea azul ata unha pequena anémona, así como peixes, tartarugas ou estrelas de mar. Cada un destes animais vive dunha forma peculiar e diferente, polo que necesita un hábitat adecuado. Por exemplo, a balea azul precisa de gran cantidade de auga, certos peixes viven nas zonas máis profundas do océano, e algunhas anémonas atópanse nas charcas intermareais que quedan cando baixa a marea.

A pesar de vivir en hábitats diferentes, como nós, os animais interaccionan uns cos outros. As interaccións entre os diferentes seres vivos son moi necesarias para o perfecto equilibrio dos mares.

Un hábitat é o lugar onde vive un ser vivo. O hábitat dunha balea, por exemplo, pode ser todo un océano, mentres que o hábitat dunha anémona pode ser tan só unha pequena charca intermareal.

printer_footer