Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 13)

Especies clave e desequilibrios nos ecosistemas mariños

Tódalas interaccións que vimos anteriormente axudan a manter o equilibro no ecosistema mariño. Este equilibrio é necesario para un océano saudable. Nalgunhas ocasións o impacto das interaccións humanas afecta a especies clave alterando os ecosistemas.

Image
O pinto, a especie clave
Algunhas especies teñen unha función moi importante no ecosistema. Controlan as poboación doutras especies mediante interaccións. O pinto aliméntase de ourizos, controlando así o crecemento o número de ourizos.
Ecosistema en equilibrio
As interaccións entre as especies axudan a manter o equilibrio e a biodiversidade no ecosistema mariño.
Alteración do medio mariño
Cando un impacto humano como a contaminación ou a sobrepesca inflúe no ecosistema, este ser afectado.
Perda de biodiversidade
A falta de peixes desequilibra o ecosistema. Ao non ter depredadores, os ourizos multiplícanse descontroladamente, e devoran tódalas algas. Desaparenzo así tamén os ourizos pola falta de alimento.
printer_footer