Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 8)
Interaccións
En tódolos ecosistemas os seres vivos interactúan uns con outros. Relacións que poden ser de diferentes maneiras:
Mutualismo: Interacción entre dúas especies na que ambas saen beneficiadas.
Un dos exemplos máis claros son as estacións de limpeza. Todo ecosistema mariño ten animais “limpadores”, como peixes, gambas ou cangrexos. Estas especies aparecen en zonas concretas do fondo mariño chamadas estacións de limpeza. A ela van os peixes voluntariamente cando necesitan un “servizo”. Para chamar a atención dos “traballadores”, os clientes poden cambiar de posición ou incluso de cor. As veces, pódense observar largas ringleiras de animais esperando a ser atendidos. Os peixes limpadores aliméntanse de parásitos e peles mortas, así que é fácil adiviñar por qué nesta interacción, saen todos gañando.
Especies de peixes “limpadores” característicos dos fondos de A Mariña-Ortegal.
Peixes de maior tamaño como pintos e maragotas achéganse aquí para gozar dunha sesión de desparasitación.