Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 2)
Artes de pesca
As artes de pesca son os aparellos creados para capturar peixe e marisco. Dependendo da especie que se quera capturar úsanse uns aparellos ou outros. As artes de pesca selectivas están deseñadas para a captura dunha especie e tamaño concretos. Hai outras artes, non selectivas, que pescan calquera especie sen importar o tamaño.
Marisqueo a pé
Pesca selectiva de bivalvos que se fai a pé dende a praia ou ría. Así captúranse ameixas, longueiróns, chícaros e ostras entre outros.

Nasa
É unha trampa artesanal cun cebo no seu interior. Captura de xeito selectivo crustáceos e moluscos como nécoras e polbos.

Anzol
Arte de pesca na que o tamaño do anzol, e o cebo empregado, determinan a especie e a talla do peixe capturado. Canas e palangres empregan anzois para pescar o Bonito do Norte e a Merluza do pincho.

Rede
Dependendo do tipo de rede e de como se empregue, a pesca será máis ou menos selectiva. Un tamaño de malla adecuado permite pasar aos peixes pequenos e atrapa aos grandes.