Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 14)

Corvo mariño

(Phalacrocorax aristotelis)

Os xuvenis posúen un plumaxe pardo, co ventre máis claro. Aínda que, cando son adultos a plumaxe muda a negro. Na base do pico (debaixo do ollo) teñen una mancha amarela moi característica.

Trátase dunha das aves mariñas que experimentou unha maior regresión en España nos últimos anos, debido ao impacto da sobrepesca sobre algunhas das súas especies presa, á contaminación por hidrocarburos, ás molestias por embarcacións de lecer e aos accidentes por enmalle en artes de pesca.

Image
Mergullo
Para alimentarse de peixes mergullan ata profundidades de entre 8 e 30 m. A diferencia de moitas aves mariñas, o seu plumaxe é permeable e despois da pesca, seca as súas ás despregadas baixo o sol.
Nidificación
Crían en colonias; dispoñen os niños sobre repisas en cantís rochosos. Para construír o niño utilizan ramas, algas e outros tipos de materia vexetal. A posta consta de tres a seis ovos de cor azul pálida. Son incubados ao redor de 30 días por ambos os sexos. Unha vez nacen as crías son alimentadas polos seus pais uns 50 días desde o seu nacemento, ata que abandondan o niño.
printer_footer