Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 15)

Mascato

(Morus bassanus)

Ave mariña de gran envergadura, unha das maiores das nosas costas. Corpo alongado e esvelto. Aliméntase sobre todo de peixes de mediano tamaño que captura ao lanzarse en picado dende unha altura de 10-40m totalmente vertical.

Os exemplares adultos son de cor branca coa punta das ás negras, presentan cor mostaza na cabeza e no pescozo. Os xuvenís son de cor parda con manchas máis claras.

Image
Migración
Os mascatos crían no norte de Europa, e dende agosto a novembro sobrevoan as nosas costas cara o continente africano. Son por tanto grandes migradores, que despois do pasar o inverno en África voltan para o norte nos meses de febreiro a abril.
printer_footer