Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño
Teñen tentáculos urticantes cós que paralizan as súas presas.
As anémonas son cnidarios moi habituais na costa de A Mariña-Ortegal.
Das charcas aos océanos
No medio mariño viven multitude de animais moi diversos, dende a xigante balea azul ata unha pequena anémona, pasando por peixes e outras especies de todo tipo. Cada un destes organismos presenta unha forma de vida moi peculiar e diferente, polo que precisa dun hábitat ou entorno adecuado as súas características. Por exemplo, a balea azul precisa de grandes volúmenes de auga, certos peixes viven nas zonas máis profundas do océano, e algunhas anémonas atópanse nas charcas intermareais que observamos nas rochas cando baixa a marea.
A pesar de vivir en ambientes diferentes, como nós, os animais interaccionan uns cos outros. As interaccións entre as diferentes especies e poboacións son moi necesarias para o perfecto equilibrio do medio mariño.
Un hábitat é un lugar cunhas condicións determinadas para que viva un organismo ou poboación dunha especie. O hábitat dunha balea, por exemplo, pode ser todo un océano, mentres que o hábitat dunha anémona pode limitarse a unha pequena charca intermareal. O termo hábitat, por tanto, pode variar segundo a especie á que nos refiramos.