Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible

O mar como forma de vida

Dende fai décadas o mar é o sustento de moitas das persoas que viven na costa. Fonte vital de alimento que emprega a mariñeiros, mariscadoras e redeiras; a traballadoras do fresco, conserveiras e carpinteiros de ribeira; e aos investigadores e traballadoras dos museos do mar. Por iso, é necesario coidar e respectar os hábitats e garantir que as persoas que dependen da pesca poidan manter o seu medio de vida.

Nos 13 concellos de A Mariña-Ortegal (Barreiros, Burela, Cariño, Cedeira, Cervo, Foz, Mañón, Ortigueira, Ribadeo, Valdoviño, O Vicedo, Viveiro e Xove) un total de casi 2.500 empregos dependen directamente da pesca.

Image
A pesca
O mar da traballo a moitas persoas a través do sector pesqueiro.
Economía
A venta directa de peixe e marisco xera máis de 100 millóns de euros nas lonxas de A Mariña-Ortegal.
printer_footer