Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 10)

Prácticas sostibles e consumo responsable

Para garantir os recursos pesqueiros a futuras xeracións é necesario controlar a sobrepesca, usar artes de pesca selectivas e ter un consumo responsable.

As prácticas sostibles son as que garanten que unha especie non desapareza. Así pódese seguir consumindo ese recurso sen esgotalo.

Cada un de nós somos responsables do noso consumo. Para facer un consumo responsable debemos elixir o peixe e marisco tendo en conta a súa etiqueta.

Elixe sempre produtos locais capturados de xeito selectivo.

Todo lote de peixe e marisco leva asociado unha etiqueta con información sobre o produto. A trazabilidade é a información que temos sobre quen, como e onde se capturou. Consumir de xeito responsable depende de cada un de nós.

Image
Peso do lote.
Nome común e científico da especie. É importante porque unha especie pode ter varios nomes comúns. Pero só un nome científico.
Lugar de pesca e zona de captura.
Información do barco pesqueiro.
Método de produción: pesca extractiva
ou acuicultura.
Código de barras coa información do lote.
printer_footer