Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 5)

Oficios do mar

A maior parte dos oficios que dependen do mar son traballos tradicionais de moitos anos de historia. Oficios que dependen uns de outros para a súa subsistencia. Fai anos eran principalmente os homes os que saían ao mar a faenar ou traballaban nos asteleiros e as mulleres mariscaban a pé, facían as redes ou as conservas. Hoxe en día hai tanto homes como mulleres en tódolos oficios do mar. As xentes do mar coñecen moi ben o medio mariño e poñen todo o seu esforzo para que poidamos gozar dunha materia prima de calidade.

Image
Mariscador/a
Recollen bivalvos na praia ou na ría empregando aparellos artesanais.
Image
Redeiro/a
Traballan na montaxe, confección e reparación das redes e aparellos de pesca. A súa labor é de vital importancia.
Image
Conserveiro/a
Fabrican conservas. Este proceso mantén o producto coas súas propiedades nutricionais óptimas para consumir tras un longo período de tempo.
Image
Carpinteiro/a de ribeira
Os barcos constrúense e repáranse nos asteleiros. Dende fai décadas os mestres carpinteiros constrúe barcos de madeira. Na actualidade a maioría dos barcos son de metal.
printer_footer