Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 10)
Interaccións
Depredación: Un animal sae beneficiado e o outro morre. Os animais carnívoros teñen que cazar o seu alimento.
Así, nesta relación, un depredador como o congro ataca a un polbo que é a súa presa.
Algúns depredadores, como os congros, teñen hábitos de caza nocturnos. Deste xeito aproveitan que as presas están indefensas descansando no fondo para capturalas.
Vida nocturna
Os congros son nocturnos. Durante o día permanecen agochados en gretas nas rochas do fondo.
Os congros son nocturnos. Durante o día permanecen agochados en gretas nas rochas do fondo.
Marcas da batalla
Este enorme congro de máis de 2m de lonxitude amosa numerosas marcas de ventosas de polbo, unha das súas presas preferidas.
Este enorme congro de máis de 2m de lonxitude amosa numerosas marcas de ventosas de polbo, unha das súas presas preferidas.