Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 3)

O día a día no mar

Na costa de A Mariña-Ortegal hai barcos de diferentes tipos, pero todos teñen cousas en común. Aquí presentamos un barco boniteiro como exemplo:

Image
Pañol de proa
Onde gardan as artes de pesca.
Bodega
A zona interior onde gardan o peixe capturado.
Cuberta
O piso superior do barco. A zona de traballo cando están faenando.
Ponte de mandos
Lugar do capitán dende onde dirixe a embarcación.
Rancho de popa
Onde durmen e comen os mariñeiros. O seu fogar no mar.
Sala de máquinas
Espazo onde están os motores da embarcación.
printer_footer