Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 5)
Oficios do mar
A maior parte dos oficios que dependen do mar son traballos tradicionais de moitos anos de historia. Oficios que dependen uns de outros. Fai anos eran principalmente os homes os que saían ao mar a faenar ou traballaban nos asteleiros. As mulleres mariscaban a pé, facían as redes ou as conservas. Hoxe en día hai tanto homes como mulleres en tódolos oficios do mar. As xentes do mar coñecen moi ben o medio mariño e poñen todo o seu esforzo para que poidamos gozar dun produto de calidade.
Mariscador/a
Recollen bivalvos na praia ou na ría empregando aparellos artesanais.
Recollen bivalvos na praia ou na ría empregando aparellos artesanais.
Redeiro/a
Traballan na montaxe, confección e reparación das redes e aparellos de pesca. A súa labor é moi importante.
Traballan na montaxe, confección e reparación das redes e aparellos de pesca. A súa labor é moi importante.
Conserveiro/a
Fabrican conservas. O peixe e marisco enlatado manténse en boas condicións para consumir tras un longo período de tempo.
Fabrican conservas. O peixe e marisco enlatado manténse en boas condicións para consumir tras un longo período de tempo.
Carpinteiro/a de ribeira
Os barcos constrúense e repáranse nos asteleiros. Dende fai décadas os mestres carpinteiros constrúe barcos de madeira. Na actualidade a maioría dos barcos son de metal.
Os barcos constrúense e repáranse nos asteleiros. Dende fai décadas os mestres carpinteiros constrúe barcos de madeira. Na actualidade a maioría dos barcos son de metal.