Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 6)
A exploración do medio mariño
O mar é un mundo inexplorado e descoñecido. É de vital importancia estudar o medio mariño para a coñocer mellor os recursos, poder conservalos e facer un uso sostible dos mesmos.
Nas últimas décadas fomentouse a investigación mariña, o que permitiu obter un maior coñecemento que favoreceu diferentes industrias. Por exemplo, grazas ao traballo dos investigadores, a día de hoxe temos redes biodegradables, barcos menos contaminantes e medicamentos innovadores que proveñen de organismos mariños.
A ciencia ten un papel fundamental do cal benefíciase o conxunto da sociedade: xera novos coñecementos, mellora a educación e aumenta a nosa calidade de vida. A ciencia responde ás necesidades da sociedade e aos desafíos mundiais. Por iso é moi importante investir en investigación, desenvolvemento e innovación.
Os investigadores do mar como os biólogos mariños e oceanógrafos necesitan medios axeitados e aporte económico para levar a cabo as súas investigacións. Os experimentos levan moito tempo e moitos anos de estudo para obter resultados finais.
O medio mariño é dificil de estudar. Implica equipos e persoal especializados.