Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 9)
Esgotamento dos recursos mariños
A sobrepesca, a destrución dos hábitats e a contaminación son alguhas das causas do esgotamento dos recursos mariños.
A necesidade de abastecer a demanda alimentaria de peixe da sociedade incita unha sobrepesca dos recursos mariños. Para que unha poboación se manteña debe estar formada por un número suficiente de individuos adultos con capacidade reproductiva. As crías serán as responsables da continuidade da especie no futuro. Polo tanto, a pesca de grandes cantidades de peixes que non chegaron á madurez sexual ou de xuvenís pode provocar a desaparición da especie.
Unha das ferramentas para a evitar o esgotamento dos recursos mariños é implantación de vedas. A veda é a prohibición de pescar nun sitio ou época determinados, para que os individuos xuvenís poidan crecer e reproducirse e asegurar a continuidade da poboación.
A sobrepesca é un tipo de sobreexplotación dos recursos mariños moi agresiva. Unha das funcións dos biólogos mariños é calcular o stock pesqueiro anual, que é a cantidade de peixe dunha especie que se pode pescar ese ano, garantindo a continuidade da poboación e evitando a desaparición da mesma.
A pesca de baixura alterna aparellos de pesca selectiva. É unha forma sostible de capturar peixe e marisco na costa de A Mariña-Ortegal.
Os cefalópodos como os polbos e os chocos apareánse soamente unha vez na vida. Despois da reprodución morren.
Se se pescan antes de que se reproduzan, non terán descendencia. É moi importante non sobreexplotar o stock pesqueiro para garantir a continuidade da poboación destes cefalópodos.