Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños
Actividade humana
Os océanos e os mares teñen unha gran importancia para a Terra. Os mares contribúen ao equilibrio climático. Os seres mariños como o fitoplancto e as algas macroscópicas producen a maioría do osíxeno do planeta. Ademais os mares poden absorver o exceso de dióxido de carbono xerado pola actividade humana nos continentes.
Grazas a capacidade do mar de controlar o clima, os seres vivos dos continentes viven en boas condicións, sen temperaturas excesivamente altas e sen moitos fenómeos metereolóxicos catastróficos.
A actividade humana, como a contaminación, está creando moitos impactos e danos no medio mariño. Danos que afectan a súa capacidade de controlar o clima. Estos impactos dificultan a supervivencia dos organismos vivos da Terra, entre os que nos atopamos.
O quecemento dos mares cada vez é máis rápido. No ano 2019 a temperatura dos océanos foi a máis elevada.