Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 4)
A acidificación dos océanos
O cambio climático provoca a acidificación, que é un cambio da composición da auga do mar.
As cunchas e os esqueletos de moitos animais mariños están formadas por carbonato cálcico. A acidificación fai que non haxa carbonato cálcico no mar. Para os animais é máis difícil formar os seus esqueletos. O que fai perigar animais como moluscos ou equinodermos.
A acidificación tamén pon en risco ecosistemas coma arrecifes de coral. Os corais necesitan grandes cantidades de carbonato cálcico para formar os seus esqueletos. A perda de corais afecta a moitas especies que viven nos arrecifes.
O uso de combustibles fósiles provoca un aumento do dióxido de carbono na atmósfera. O exceso de dióxido de carbono é absorvido polo mar e provoca acidificación. Polo tanto unha diminución de carbonato cálcico nos océanos.
Os bivalvos como os mexillóns precisan de carbonato cálcico para formar a cuncha.
A acidificación dos océanos, fai que as cunchas sexan mais débiles. Sen esa protección, son máis vulnerables fronte a depredadores e enfermidades.
Galicia é un dos principais produtores de mexillón. As bateas son plataformas flotantes que sosteñen toneladas deste molusco.