Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 5)

Contaminación física

O lixo mariño son residuos de orixe humano que acaban no mar. Estes residuos viaxan enormes distancias empuxados por ventos e correntes mariñas. Desprázanse miles de kilómetros durante anos flotando no mar. Nalgúns casos rematan no fondo oceánico e noutros nas nosas costas.

Casi 10 millóns de toneladas de residuos chegan anualmente aos nosos mares e océanos: botellas e bolsas de plástico, latas, pneumáticos, aparellos e redes de pesca, cabichas de cigarros, pilas, e outros residuos. Ademais, por cada kilómetro cadrado de superficie mariña, temos uns 45.000 anacos de plástico flotando.

Image
Impacto na fauna
Un gran número de cetáceos, tartarugas, peixes e aves morren cada ano enganchadas nestas redes coñecidas como redes pantasma.
Redes pantasma
O lixo mariño que remata no fondo oceánico, como aparellos e redes de pesca perdidos e abandonados, é unha seria ameaza para a fauna mariña.
Aparellos perdidos
Arredor de 640.000 toneladas de aparellos de pesca abandonados seguen pescando nos nosos fondos. Provocan danos na biodiversidade e orixinan perdas económicas no sector pesqueiro.
printer_footer