Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 6)

Plásticos no mar

Os residuos plásticos que flotan sofren un proceso de degradación polas ondas do mar e a radiación solar. Deste xeito, unha botella de plástico convértese en miles de pequenos anacos, chamados microplásticos.

Os microplásticos flotan na auga e acumulanse no medio dos océanos polas correntes creando as 5 illas de plástico do planeta: Pacífico Norte, Pacífico Sur, Atlántico Norte, Atlántico Sur e Indico. A illa do Pacífico Norte é a máis grande do planeta, sendo máis de 47 veces o tamaño de Galicia (1.400.000 km2).

Os microplásticos son inxeridos por peixes e outros animais, entrando a formar parte da rede alimentaria. Isto  supón graves problemas de saúde para a fauna mariña e para os seres humanos.

Image
Plásticos que chegan ao mar
Entre o 2% e o 5% de tódolos plásticos fabricados remata nos océanos.
Orixe dos microplásticos
Os microplásticos son anacos de pneumáticos, produtos cosméticos ou de limpeza, roupa, residuos plásticos de uso cotidiá, cabichas...
printer_footer