Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 8)
Alteración do hábitat
Os humanos constrúen portos, diques, edificios costeiros… Estas obras son un tipo de contaminación física permanente. Son impactos que modifican a paisaxe ou destrúen hábitats.
A maioría dos humanos habita na costa. O aumento de poboación fai necesario construir: portos, estradas, edificios, diques, etc. Antes de facer unha obra hai que realizar un estudo do dano que pode facer aos hábitas e o mar. Temos que cumprir as leis que protexen o medio mariño para o ben de todos.
O estudo do impacto ambiental analiza como afecta unha obra ao medio mariño. Describe as especies que habitan na zona, estuda os danos e indica como construir para protexer os mares.
Diques
Os diques afectan as correntes e ao movemento da auga. O que pode afectar aos ecosistemas e as diferentes especies que habitan no entorno.
Os diques afectan as correntes e ao movemento da auga. O que pode afectar aos ecosistemas e as diferentes especies que habitan no entorno.
Portos
O porto é a zona de abrigo que favorece as actividades marítimas como a pesca, o transporte de mercancias ou industrias.
O porto é a zona de abrigo que favorece as actividades marítimas como a pesca, o transporte de mercancias ou industrias.