Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 9)

Contaminación biolóxica

Hoxe en día, a contaminación biolóxica é un dos principais problemas da biodiversidade do mundo.  Esta prodúcese pola presenza de especies invasoras.

As especies invasoras son aquelas que causan danos nun ecosistema ao que non pertencen de forma natural. Especies moi agresivas e resistentes que se adaptan moi ben.

As embarcacións son as principais transportadoras de fauna e flora exótica nos mares. Por exemplo as especies invasoras viaxan adheridas aos cascos dos barcos.

O cambio climático favorece ás especies invasoras. As especies tropicais poden vivir ben en augas máis frías. Por exemplo, unha especie orixinaria de Australia, está a sobrevivir na costa de A Mariña-Ortegal.

Image
Asparagopsis armata
É unha alga vermella orixinaria de Australia. Na actualidade é unha especie invasora nas costas de Galicia, Asturias, Euskadi e no Mediterráneo.
Competición polos recursos
As especies invasoras chegan a novos espazos. Ocupando as zonas onde vivían as especies propias do lugar.
printer_footer