Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 10)

Contaminación acústica

Está causadas por ruidos e vibracións sonoras, producidas por: o ruído dos barcos de lecer, o transporte marítimo de mercadorías e pasaxeiros, a exploración petroleira, as sondas militares, e a pesca.

Este tipo de contaminación dana as especies do medio mariño e altera os ecosistemas. A contaminación acústica, por exemplo, interrompe os ecos que empregan os cetáceos para comunicarse, alimentarse, reproducirse, etc. Así a ecolocalización dos cetáceos vese moi afectada.

Os humanos producimos sons de alta intensidade e baixa frecuencia. Estes sons poden provocar xordeira a unha balea, interrumpir o seu canto, afectar o seu apareamento e no peor dos casos, danar os seus tecidos pulmonares.

Image
Cetáceos
Entre as especies mais afectadas pola contaminación acústica encóntranse as baleas, cachalotes e golfiños. Estos animais empregan os sons para moitas das súas funcións vitais.
Potencia dos sons das baleas
Algúns destes sons viaxan longas distancias, de un lado ao outro do océano.
printer_footer