Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 11)

Conservación

O mar é fundamental para a vida no planeta. Para manter o equilibrio debemos conservar a rica biodiversidade da costa de A Mariña-Ortegal e os seus ecosistemas. Reducindo a contaminación e os impactos nos mares protexemos os recursos mariños, os oficios e as xentes do mar.

As Reservas ou Áreas Mariñas Protexidas son moi importantes para a conservación dos océanos. Son necesarias para coidar a fauna e a flora amenazadas, evitar a sobrepesca e controlar a contaminación.

Nunha Área Mariña Protexida unha especie pode crecer e reproducirse sen perigo. O tamaño dos individuos aumenta e a sua poboación tamén. Algúns destes animais saen da zona protexida e pasan a estar dispoñibles para a pesca.

Image
Redución da actividade humana
Nas Áreas Mariñas Protexidas redúcese ou prohíbese a actividade humana para protexer os recursos mariños e garantir a súa conservación.
Proteción global
Hoxe en día menos do 3% dos océanos e mares do mundo está protexido. O obxetivo a nivel mundial é conseguir un 30% de proteción para o ano 2030.
O efecto reserva
Peixes nacidos na reserva supoñen un recurso sostible para os pescadores que faenan nas zonas cercanas.
printer_footer