Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 6)

Plásticos no mar

Os residuos plásticos que flotan sofren un proceso de degradación polas ondas do mar e a radiación solar. Deste xeito, unha botella de plástico convértese en miles de pequenos anacos, chamados microplásticos.

Os microplásticos flotan na auga e acumulanse no medio dos océanos polas correntes creando as 5 illas de plástico do planeta: Pacífico Norte, Pacífico Sur, Atlántico Norte, Atlántico Sur e Indico. A illa do Pacífico Norte é a máis grande do planeta, sendo máis de 47 veces o tamaño de Galicia (1.400.000 km2).

Os microplásticos son inxeridos por peixes e outros organismos, entrando a formar parte da cadea trófica, o que supón graves problemas de saúde para a fauna mariña e para os seres humanos.

Image
Plásticos que chegan ao mar
Estímase que entre o 2% e o 5% de tódolos plásticos fabricados remata nos océanos.
Orixe dos microplásticos
Os microplásticos proveñen dunha gran variedade de fontes, como pneumáticos, produtos cosméticos ou de limpeza, roupa, residuos plásticos de uso cotidiá, procesos industriais...
printer_footer