Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 5)

Contaminación física

O lixo mariño son residuos de orixe antrópica que por diferentes causas acaban no mar. Estes residuos viaxan enormes distancias empuxados por ventos e correntes, desprázanse miles de millas naúticas durante anos flotando no mar e nalgúns casos rematan no fondo oceánico e outros nas nosas costas.

Casi 10 millóns de toneladas de residuos chegan anualmente aos nosos mares e océanos: botellas e bolsas de plástico, latas, pneumáticos, aparellos e redes de pesca, cabichas de cigarros, pilas, e outros residuos. Ademais, por cada kilómetro cadrado de superficie mariña, temos uns 45.000 anacos de plástico flotando.

Image
Impacto na fauna
Un gran número de cetáceos, tartarugas, peixes e aves morren cada ano enganchadas nestas redes coñecidas como redes pantasma.
Redes pantasma
O lixo mariño que remata no fondo oceánico, como aparellos e redes de pesca perdidos e abandonados, é unha seria ameaza para a fauna mariña.
Aparellos perdidos
Arredor de 640.000 toneladas de aparellos de pesca abandonados seguen pescando nos nosos fondos. Non só provocan danos na biodiversidade senon que ademais orixinan perdas económicas no sector pesqueiro.
printer_footer