Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 4)

A acidificación dos océanos

As cunchas e os esqueletos de moitos animais mariños están formadas por carbonato cálcico. A acidificación dificulta a fixación do carbonato cálcico, e os animais teñen serios problemas para crear o esqueleto.

O cambio climático dos océanos implica unha disminución do pH. Así a auga tornase máis ácida. Isto diminue a dispoñibilidade de carbonato cálcico e fai perigar poboacións de animais como moluscos ou equinodermos.

A acidificación tamén pon en risco ecosistemas coma arrecifes de coral. Os corais necesitan grandes cantidades de carbonato cálcico para formar as súas estruturas. A perda de corais provoca un desequilibrio de todo o ecosistema afectando a moitas especies que viven nos arrecifes.

O uso de combustibles fósiles provoca un aumento do dióxido de carbono na atmósfera. O exceso de dióxido de carbono é absorvido polo mar e provoca un aumento da acidificación nos océanos. Polo tanto unha diminución de carbonato cálcico no mesmo.

Image
Carbonato cálcico
Os bivalvos como os mexillóns precisan de carbonato cálcico para formar a cuncha.
Vulnerabilidade
A acidificación dos océanos, fai que as cunchas sexan mais débiles. Sen esa protección, son máis vulnerables fronte a depredadores e enfermidades.
As bateas
Galicia é un dos principais produtores de mexillón. As bateas son plataformas flotantes que sosteñen toneladas deste molusco.
printer_footer