Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 3)

Carallote, Golfo ou Laminaria

(Laminaria ochroleuca)

Lonxitude: ata 2m ou mais

Durante o comezo da primavera, coa chegada dos días máis longos, a maioría das algas amosan un gran crecemento formando bosques somerxidos. Estes hábitats teñen un gran valor dende o punto de vista ecolóxico e albergan unha enorme biodiversidade. Coa chegada dos temporais de outono, as ondas arrincan as algas do fondo e achéganas ao litoral en forma de arribazóns.

As arribazóns de algas son acumulacións que se forman normalmente nas praias despois do paso dun temporal. Esta materia orgánica é aproveitada por numerosos organismos como anfípodos ou isópodos que interveñen na súa degradación.

Image
Fotosíntese
As algas necesitan a luz para alimentarse e facer a fotosíntese. Por iso, non poden vivir en profundidades maiores de 200m.
Bosques somerxidos
As algas forman grandes bosques na nosa costa. Zonas de alimentación, cría e acubillo para moitas especies mariñas. Son a base dos ecosistemas mariños litorais.
printer_footer