Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 4)

Ourizo de mar

(Paracentrotus lividus)

Dimensións: caparazón de ata 70cm de diámetro.

Os ourizos teñen un corpo esférico moi resistente cuberto de pugas.  Pode variar de cores: parda, púrpura e verde en diferentes tonalidades claras e escuras. É habitual ver os ourizos con fragmentos de cunchas e anacos de algas por enriba camuflados no ambiente. Cando son pequenos forman agrupacións chamadas ouriceiras e ocúltanse en ocos nas rochas. O ir aumentando de tamaño, van erosionando a rocha agrandando os ocos.

Son principalmente herbívoros ainda que algunhas veces aliméntanse tamén de pequenos animais mortos depositados nos fondos.

Image
Pugas e pés
Os ourizos teñen o caparazón cuberto de pugas que é o seu mecanismo de defensa. Os pés ambulacrais situados entre as pugas axundanlles a pegarse ao fondo e moverse.
Lanterna de Aristóteles
Os ourizos teñen unha boca moi especial que se chama lanterna de Aristóteles. Unha pirámide de 5 dentes óseos moi fortes. Está situada na parte ventral do animal, en contacto coa rocha para poder raspar as algas e alimentarse.
printer_footer