Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 6)

Os polbos nadan e respiran grazas ao sifón, unha estrutura branda con forma de tubo situada baixo a cabeza. Xunto ao sifón, teñen unha abertura ao exterior pola que entra a auga. Para o desprazamento a auga que entra pola abertura é expulsada ao exterior con presión a través do sifón para a sua propulsión. A súa vez, a auga osixenada que entra pola abertura pasa a cavidade interna onde se atopan as branquias que obteñen o osíxeno necesario para respirar.

Teñen unha gran capacidade de adaptación para sobrevivir mimetizándose. Son oportunistas que non desaproveitan as ocasións para cazar calquer tipo de presa.

Image
O sifón
Ten función locomotora ao impulsar a auga para desprazarse coa propulsión a chorro.
Vida curta
Aproximadamente viven dous anos.
printer_footer