Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 3)

Carallote, Golfo ou Laminaria

(Laminaria ochroleuca)

Lonxitude: ata 2m ou mais

Durante a primavera, coa chegada dos días máis longos, a maioría das algas crecen moito formando bosques somerxidos. Bosques de algas que son fogar de moitas especies. Coa chegada dos temporais de outono, as ondas arrincan as algas do fondo e achéganas ás praias en forma de arribazóns.

As arribazóns de algas son acumulacións que se forman normalmente nas praias despois dun temporal. Moitos animais aproveitan estas algas en descomposición para alimentarse.

Image
Fotosíntese
As algas necesitan a luz para alimentarse e facer a fotosíntese. Por iso, non poden vivir en profundidades maiores de 200m onde non chega a luz.
Bosques somerxidos
As algas forman grandes bosques na nosa costa. Zonas de alimentación, cría e acubillo para moitas especies mariñas. Son moi importantes nos ecosistemas mariños.
printer_footer