Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 12)

Golfiño

(Delphinus delphis)

Lonxitude: aproximadamente 2m e os machos son de maior tamaño que as femias.

Son animais moi sociables que viven en mandas. O tamaño medio da manda é de 30 golfiños. Nalgúns casos, xúntanse temporalmente varias mandas formando supermandas de milleiros de golfiños.

Estes mamíferos mariños teñen unha especie de sonar biolóxico. Son capaces de crear sons. Sons que cando chocan con un obxeto, individuo da manda ou presa, producen ecos. Os golfiños son capaces de detectar as características do eco: de onde ven, tamaño, movemento etc. Fenómeno que é chamado ecolocalización.

Image
Pulmóns
Tódolos cetáceos, ao ser mamíferos mariños, teñen pulmóns en vez de branquias. Na parte superior da cabeza presentan o espiráculo, que é o orificio polo que respiran ao subir á superficie.
Reprodución
Son mamíferos polo que xestan as súas crias no ventre materno durante 11 meses, e amamántanse durante os primeiros 6-10 meses de vida.
printer_footer