Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 14)

Corvo mariño

(Phalacrocorax aristotelis)

Os  xuvenís posúen un plumaxe pardo, co ventre máis claro. Aínda que, cando son adultos a plumaxe muda a negro. Na base do pico (debaixo do ollo) teñen una mancha amarela.

Trátase dunha das aves mariñas que máis disminuíu en España nos últimos anos Debido á disminución das presas pola sobrepesca, á contaminación por petróleo, ás molestias por embarcacións de lecer e aos accidentes ao quedar atrapados nas redes de pesca.

Image
Mergullo
Para alimentarse de peixes mergullan ata profundidades de entre 8 e 30 m. A diferencia de moitas aves mariñas, o seu plumaxe é permeable, e despois da pesca, seca as súas ás despregadas baixo o sol.
Nidificación
Crían en colonias; dispoñen os niños sobre repisas en cantís rochosos. Para construír o niño utilizan ramas e algas. A posta consta de tres a seis ovos de cor azul pálida. Son incubados ao redor de 30 días por ambos sexos. Unha vez nacen as crías son alimentadas polos seus pais uns 50 días desde o seu nacemento, ata que abandondan o niño.
printer_footer