Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 7)

Cadeas alimentarias: do microscópico ao xigante

As baleas son os animais mariños de maior tamaño dos nosos mares e océanos. Para poder chegar a ser tan grandes, precisan dunha enorme cantidade de alimento. Na súa dieta ten moita importancia o “krill”, que son crustáceos de pequeno tamaño que forman parte do plancto. O krill está presente nos océanos en cantidades de milleiros de toneladas, por iso as baleas teñen suficiente alimento para medrar.

Image
Copépodos
Estos crustáceos diminutos aliméntanse de algas microscópicas ou fitoplancto.
Fitoplancto
A enerxía do sol é aproveitada polas algas microscópicas que crecen preto da superficie dos océanos.
Krill
É un conxunto de pequenos crustáceos de aproximadamente 2cm. Son omnívoros, aliméntanse de copépodos e tamén de fitoplancto.
Balea
As baleas de barbas aliméntanse de krill. Poden inxerir milleiros de kilos ao ano.
printer_footer