Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 8)

Recursos mariños

Os recursos mariños son tódolos bens que se extraen do mar para o beneficio das persoas. Por exemplo: peixes, algas, petróleo e minerais.

Estes recursos son limitados. Agótanse e poden chegar a desaparecer. A súa explotación constante e de xeito non respectuoso son a razón de que as poboacións mariñas sexan reducidas e incluso desaparezcan.

O océano parece resistente porque é inmenso e pouco explorado. Durante séculos considerouse que os recursos nunca se ían a esgotar, pero hoxe sabemos que non é certo. Os recursos son limitados e o seu esgotamento é irreversible. Necesitamos polo tanto unha explotación sostible dos recursos mariños.

A pesca sostible significa deixar suficientes peixes no mar e respectar os hábitats. Garantir a supervivencia das especies e reducir o impacto nos ecosistemas. Para así manter os oficios das xentes mar.

Image
Conservación dos recursos mariños
É necesario protexer e conservar os recursos e ecosistemas mariños para garantir o futuro.
Lumbrigante
O lumbrigante é un animal que ten unha vida moi longa. Pode chegar a vivir máis de 50 anos.
printer_footer