Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 9)
Esgotamento dos recursos mariños
Alguhas das causas do esgotamento dos recursos mariños son: a sobrepesca, a destrución dos hábitats e a contaminación.
O aumento de seres humanos no planeta, conleva un aumento do consumo de peixe. O que provoca unha sobrepesca dos recursos mariños.
Para que unha poboación non desaparezca debe ter suficientes adultos que poídan reproducirse. As crías serán as que se reproducirán nun futuro. Por iso, a pesca de grandes cantidades de peixes xuvenís pode provocar a desaparición da especie.
Unha das ferramentas para a evitar o esgotamento dos recursos mariños son as vedas. A veda é a prohibición de pescar nun sitio ou época determinados, para que os xuvenís poidan crecer e reproducirse.
A sobrepesca é un tipo de sobreexplotación dos recursos mariños moi agresiva. Un dos traballos dos biólogos mariños é calcular a cantidade dunha especie que se pode pescar ese ano. Garantindo a continuidade da poboación e evitando a súa desaparición.
A pesca de baixura alterna aparellos de pesca selectiva. É unha forma sostible de capturar peixe e marisco na costa de A Mariña-Ortegal.
Os cefalópodos como os polbos e os chocos apareánse soamente unha vez na vida. Despois da reprodución morren.
Se se pescan antes de que se reproduzan, non terán descendencia. É moi importante non sobreexplotar os cefalópodos para garantir a continuidade da poboación.