Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 7)
Redes tróficas: do microscópico ao xigante
As baleas son os animais mariños de maior tamaño dos nosos mares e océanos. Para poder chegar a ser tan grandes, precisan dunha enorme cantidade de alimento. Na súa dieta ten moita importancia o “krill”, que é como se coñece comunmente a un grupo de crustáceos de pequeno tamaño que forman parte do plancto. O krill está presente nos océanos en cantidades de milleiros de toneladas, por iso as baleas teñen suficiente alimento para medrar.
Copépodos
Estos crustáceos diminutos aliméntanse de algas microscópicas ou fitoplancto.

Fitoplancto
A enerxía do sol é aproveitada polas algas microscópicas que proliferan preto da superficie dos océanos cando dispoñen de nutrientes.

Krill
É un conxunto de especies de pequenos crustáceos de aproximadamente 2cm. Son omnívoros, aliméntanse de copépodos e tamén de fitoplancto.

Balea
A base da dieta das baleas de barbas está composta de krill. Poden inxerir milleiros de kilos ao ano.