Tema 2: Ecoloxía do Medio Mariño (Páxina 3)
Productores
Algas: son uns dos organismos máis importantes nos ecosistemas mariños. As algas son produtores xa que fabrican o seu propio alimento. É dicir, mediante a fotosíntese son capaces de obter os nutrientes que precisan para a seu crecemento. Segundo o seu tamaño clasifícanse en:
Algunhas das algas microscópicas son capaces de crear bioluminiscencia. Esta luminosidade produce o mar de ardora.
Algas microscópicas: forman o fitoplancto. Algas de menos de 1cm que se distribúen por tódolos mares do mundo. Son os produtores por excelencia dos mares, xa que mediante a fotosíntese producen entre o 50-70% do osíxeno que temos dispoñible para respirar o resto dos seres vivos do planeta.
A descomposición das algas macroscópicas acumuladas nas praias aporta moitos nutrientes aos mares. Alimento para cantidade de especies. Por iso é necesario non retiralas.
Algas macroscópicas: teñen un tamaño maior a 1cm, son as que vemos na praia e nos fondos costeiros. Estas diferéncianse das plantas porque carecen de raíces. Teñen unha especie de pé que usan para fixarse ás rochas. Tódalas algas do mundo clasifícanse en 3 grandes grupos: verdes, vermellas e pardas.